Semanario Instructivo
Semanario Instructivo | |
---|---|
Fundador | José María Gil Rey |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Santiago de Compostela |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Semanario Instructivo foi un periódico semanal editado en Santiago de Compostela durante seis meses, tódolos venres de marzo a agosto de 1838.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes, apareceu o 2 de marzo de 1838. Fundado e dirixido polo médico e botánico José María Gil Rey e auspiciado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, foi a primeira publicación ilustrada de Galicia, pois, xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, cada número incluía unha lámina litografada de Ramón Gil Rey, irmán de José María.[2] Constaba de catro páxinas de tamaño folio, impresas a dúas columnas. Editouse nos obradoiros de José Núñez Castaño. Mantívose ata o número 27, correspondente ao 31 de agosto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Puertas, C. (2008). "Breve historia de una litofrafía «incunable»" (PDF). A Estrada. Miscelánea histórica e cultural (en castelán) 11: 7–11. ISSN 1139-921X.
- ↑ Alvarellos, Quique (2016/5/22). "A vida tronzada de Gil Rey". La Voz de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Semanario Instructivo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Semanario Instructivo". Diccionario enciclopédico galego universal 55. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 62. ISBN 84-7680-429-6.
- "Semanario Instructivo". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 254. ISBN 84-7680-288-9.
- "Semanario Instructivo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.